Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Ultranoite no País dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Max Gómez

Max Gómez

Max Gómez comezou os seus estudos musicais de batería con 14 anos da man de Lois Cancelas. Moi pronto a música comeza a ter un lugar moi importante na súa vida e decide cursar estudios na Escola de Música Clásica de Cangas do Morrazo, na Escola de Música Moderna Estudio de Santiago de Compostela, e seguidamente no Seminario Permanente de Jazz de Pontevedra. Foi neste último onde o contacto con músicos de Jazz como Paco Charlín e Abe Rábade fixo que esta música se converta no seu centro de atención. Posteriormente, en Nova York estudou cos grandes mestres do Jazz como Kendrick Scott,Miguel Zenón, Ben Street e Marcus Strickland.

Participa en festivais como o Imaxinasons de Vigo, Festival Internacional de Jazz de Pontevedra, Festival de Jazz de Balado dos Frades en Portugal,Festival de Jazz de Ibiza, Festival de Jazz de Donostia e Festival de Jazz de Braga.