Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Ultranoite no País dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Manuel Cebrián

Manuel Cebrián

Manuel Cebrián nace en Vigo en 1982. Violinista de formación clásica, e guitarrista de formación moderna, ten participado en todo tipo de proxectos, gravando unha ducia de traballos discográficos e colaborado en directo con músicos galegos e internacionais. Traballa habitualmente no eido do jazz ó clásico, do rock ó folk pasando pola música de vangarda, ademais de traballar como arranxista e compositor. Traballa con Chévere dende hai xa máis de 8 anos.