Rede Nasa

Combine your search criteria to find the material you are looking for


Ultranoite no País dos Ananos

Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...

Arantza Villar

Arantza Villar

Cando era nena soñaba con ser cantante. O destino acabouna poñendo enriba dos escenarios, pero como actriz. Despois de licenciarse, estudou interpretación e baile flamenco (adora bailar!!!). Sempre que pode, toma algunha clase de danza contemporánea, disciplina que lle encanta pero da que admite ser unha perfecta aficionada. Os seus primeiros traballos escénicos  comezaron no Teatro Universitario e con colectivos vinculados ao circo e cabaré compostelanos. A finais de 2005, consegue o seu primeiro contrato profesional e desde aquela traballa con diferentes compañías de teatro galegas, Nut Teatro e Pistacatro Produtora de Soños, entre outras. Nos últimos anos, anda enleada en diversos proxectos da compañía Chévere (Ultranoites, producións teatrais, teatro científico,...), aínda que segue colaborando con outros artistas sempre que ten ocasión. Por certo, din dela que fai uns brownies e biscoitos marabillosos!!