Rede Nasa
Ultranoite no País dos Ananos
Este ano cúmprense dúas décadas dende a celebración da primeira ultranoite; vinte anos ininterrompidos durante os que Chévere subiu aos escenarios para escribir a crónica de Galicia a través deste cabaré irreverente e perralleiro. Hoxe, en abril de 2014, Chévere quérelle render homenaxe a este xénero que xa asume como propio e ao que tanto lle debe a través da Ultranoite no País dos Ananos, un cabaré nihilista que bebe da obra de Celso Emilio e da de Jonathan Swift para facer un percorrido satírico por este paseo marítimo que chamamos Galicia. Para saber máis, entra...
-
O País dos Ananos nos medios
Redacción Chévere:Xa levamos uns días de funcións no Auditorio da Ramallosa e foron xa varios os medios que publicaron novas, crónicas ou entrevistas sobre a Ultranoite. Por se tedes ganas de ler, e mesmo de comparar, hoxe deixámosvos unha escolma do que foi saíndo. Premendo nas ligazóns podedes botarlle un ollo ao que publicaron Praza, Magazine Cultural Galego e Sermos Galiza. Tamén á nova de La Voz de Galicia. Se sodes máis de televisión, tamén podedes ver esta entrevista a Mónica García. Isto de momento, xa vos teremos ao tanto das novidades.
Log in or register above to comment