Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:E aquí unha foto do mesmo coloquio cos rapaces e rapazas de Boiro. Puidemos contrastar que Eurozone é perfectamente comprensible e interesante para adolescentes de 14, 15 e 16 anos. Segundo nos contaron, pasáronno moi ben, interesoulles todo o tema que se contaba e logo falamos un pouco das maneiras en que a crise lles afectaba.
Log in or register above to comment