Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:O sábado pasado fixemos un pase con público, unha especie de pre-estrea. A obra aínda non estaba completa ao 100%, pero como xa faltaba pouco, necesitabamos constrastar co público algunhas cousas. Por un lado, probar escenas que non collen a súa dimensión real se non hai alguén do outro lado. Por outro lado, resolver dúbidas que se van acumulando en determinados momentos. E en último caso, tomarlle a medida de verdade a unha obra a través da mirada doutra xente non contaminada por dous meses de traballo tan intenso. O resultado foi moito mellor do esperado. Pensabamos que non tiñamos nin principio nin final e resultou que si, que xa estaba. Foi tan boa a resposta que acabamos pedíndolle a algunhas das persoas asistentes que nos contasen algo sobre o que acababan de ver. Isto é o que nos dixeron. Gracias pola súa xenerosidade ao ofrecer unha opinión collida ao vóo a Alberto, Cuco, Fany, Óscar e Cata.
2 people like this
Log in or register above to comment