Arantza Villar:
Creo que é un bó resumo da situación. É certo que non se molla moito. Se ademais de contar como foi o proceso da crise incluíra nomes e responsables directos, sería máis completo.
Non entendo moi ben por que o governo do Estado Español ven de queixarse á BBC... non saen tan mal parados como se merecen!!
Por certo... e a cara de cinismo de Almunia, que vos parece?? E a de Zapatero, estoqueestoydiciendonomelocreoniyo??
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Así ven a crise española no Reino Unido. Polo menos esta é a versión que a BBC ofreceu o pasado domingo do colapso económico, político e social que existe no estado español e que, segundo din, pode ser decisivo para o futuro da Eurozona: "The great Spanish crash". O governo español enviou unha queixa oficial á BBC porque esta reportaxe distorsionaba a realidade, botádelle un ollo e opinade. Tampouco esperedes unha exhaustiva investigación, nin nomes propios, nin denuncias...
4 people like this
2 comments
Log in or register above to comment
Borja Fernández:
cando vexo a rajoy con merkel no barquiño lémbrame ao libro este de Steiner que teño fresco na memoria. Só lles falta un millchscoffe, café aleman ben grande e quente, nas mans, pra tratar os seu negocios...