Diego:
o actor pode odiar o seu personaxe, de feito un pode non gustarse a si mesmo, pero eu creo que implica a existencia de conciencia. Sería curioso descubrir que Sarkozi ou Berlusconi ou o mesmisimo Mario Conde non están satifeitos coas súas vidas exemplares...
Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Aquí falando de como abordar o traballo de interpretación, xa aparecen algunhas cuestións: traballar desde a non identificación do actor co personaxe, o actor pode odiar ao seu personaxe e facer que se note? O actor en escena asume un papel activo e ademais de interpretar poderá comentar en público a súa opinión sobre o seu personaxe e contar como fai para darlle forma, para construilo. Tamén empezan a sair triangulacións interesantes, as figuras públicas (políticos, banqueiros en xeral todo tipo de líderes) son actores e imos andar a procura de parecidos razonables e diferencias incuestionables entre políticos e actores coñecidos. Dúbidas desde o principio e ata o final, sen dúbida.
5 people like this
1 comments
Log in or register above to comment