Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:O día antes da estrea houbo rolda de prensa no teatro, aquí o CDN monta unha especie de almorzo coa xente dos medios. Viñeron unha ducia de xornalistas e falamos durante unha hora con eles. Moito sobre Eurozone, claro, pero o traballo que estamos facendo en Teo como compañía residente suscitou moita curiosidade. Jacobo Sutil, director da Agadic, que tamén estaba presente, tomou nota das cousas que realmente interesan e funcionan. Esperamos que sair fóra tamén sirva para consolidar o que temos dentro, e as compañías residentes necesitan da participación da Agadic, que o ano pasado e unilateralmente decidiu deixar de apoialas.
Log in or register above to comment