Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
-
Xron:Ao longo de varias semanas fixemos obradoiros do espectador en Calo (na fotografía, na Sociedade Recreativa de Calo), no local da asociación de veciños de Recesende, na mediateca O Grilo de Cacheiras, no local da Asociación A Mámoa de Luou, na Casa do Sindicato de Vedra e no IES de Cacheiras. Foi unha experiencia moi interesante, porque nos permite contactar unhas veces con grupos de xente moi activos culturalmente nas súas zonas e outras veces con públicos habitualmente afastados do teatro, que deste xeito atopan unha ponte para participar. É un traballo de aproximación, de formación, de captación e de fidelización de públicos que a nós mesmos ofrécenos motivos para a satisfacción. Participaron arredor de 60 persoas de todas as idades (de 14 a 80 anos) e de ámbitos rurais e urbanos, mulleres e homes. E case todas elas asistiron ao espectáculo. Moitas grazas polo interese demostrado e polos comentarios que nos fixeron antes e despois de ver a obra.
Log in or register above to comment