Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
On show
-
Patricia de Lorenzo:Eurozone no Irish Time. Durante a nosa estancia en Madrid entrevistounos Guy Hedgecoe de varios medios, entre eles o Irish Time. Este é o resultado: http://www.irishtimes.com/news/world/europe/euro-heist-as-gruesome-as-a-tarantino-gangster-film-1.1619936 Ms De Lorenzo
-
Patricia de Lorenzo:Pois xa estamos de volta. A verdade é que foi un pracer poder adicarnos só a subirnos ao escenario para actuar, sen ter que preocuparnos de mais nada durante este mes. Quedamos contentos do noso paso polo CDN, como creo que quedaron eles contentos con Chévere. A verdade é que xa molaba repetir para o ano que ven. Afortunadamente seguimos por Galicia e Portugal. Ah, e saiu outra crítica de Eurozone en Madrid, menudo dossier de prensa que nos traemos! http://avionesdesplumados.blogspot.com.es/2013/11/eurozone-compania-chevere.html?spref=tw
-
Patricia de Lorenzo:
-
Patricia de Lorenzo:Este é o enlace da nova no telexornal da galega sobre Chévere en Madrid. Como non temos costume de que se fale nestes espazos de Chévere, prestounos moito. Grazas a Sabela Romar, redactora da TVG en Madrid. Comentounos posteriormente que a nova tivo picos de audiencia. A verdade é que nunca entenderei como se miden estas cousas... http://www.crtvg.es/informativos/o-grupo-chevere-baila-con-merkel-en-lavapies-no-espectaculo-eurozone-699046
-
Patricia de Lorenzo:Esta finde compartimos teatro e camaríns coa compañía suiza Finzi Pasca, que está na sala grande cun espectáculo de circo de enormes dimensións. O que vedes na foto é parte do vestiario que usan a obra, un lote de caixóns que ocupan todo o corredor cheos de traxes, vestidos, plumas... Que desfase! Estivemos tentandos de collelos para renovar o armario da Ultranoite!
-
Patricia de Lorenzo:E pola tarde, ao rematar a función, coloquio co grupo de estudo de linguas ibéricas. Carme Lamela é o espírito mobilizador da gran parte do público de onte. Esta fin de semana no CDN falouse galego. Grazas á direción pola súa sensibilidade. Grazas tamén a 36 caracteres e o seu excelente traballo de sobretitulado das funcións.