Rede Nasa
Eurozone
Eurozone
Abrimos este espazo para transparentar o proceso de traballo de Eurozone, a nova obra dos Chévere. Para que podas entrar e compartir probas, erros, dúbidas e solucións que van aparecendo cada día. Un espazo onde poderás interactuar cos actores e actrices da obra e seguir o desenvolvemento dos ensaios a través dos diarios de cada un deles. No Blog de Eurozone tamén atoparás información sobre os materiais xerados, sobre convocatorias, ensaios abertos, datas de estrea e funcións da obra.
On show
-
Borja Fernández:Un croupier nas Vegas gaña 3500 € mínimos ao mes. No casino igual que na política está todo estudiado: dende a moqueta, na que hai un debuxo do percorrido polo casino, ate o olor que despiede. E para ir dun lado ao outro (ao teatro, as tendas, aos bares...) tes que pasar polo casino. O casino é o centro do divertimento. Casinos, tragaperras, xogo e espectáculo no seguinte link. alguna opinión que teñades sobre os casinos? Toda idea será aceptada. qué vos parecen?...molan, que non??
-
Borja Fernández:Nós comparamos a Eurozona cunha rede de mafiosos dunha peli de Tarantino, neste articulo J. Gallego compara a monarquia española cun Lupanar; a verdade e que as metáforas veñen ao pelo.... http://blogs.cadenaser.com/lo-llevamos-crudo/2013/01/29/la-monarquia-empalmada/
-
Borja Fernández:Seguimos avanzado con Eurozone, no seguinte video, no minuto 1:10 un traballador dun banco cun perfecto tono de voz tipo "tuán"
-
Borja Fernández:neste videoxogo pódese mudar a historia de Reservoir Dogs , ti decides. Sachando o material: Hoxe no ensaio despois do quencemento fixemos unas cantas pachangas con textos que foi ordenando e reescribindo MAnolo de varias impros e de diferentes momentos da pelicula reservoir Dogs; tamén estamos a elaborar un mapa de imaxes de Europa, un carrousel de marionetas que circulan polo territorio europeo...en fin a cousa vai ben divertida! A pregunta é : qué vos gustaría que ocorrera se alguén fuxe cós cartos de todos nós?
-
Borja Fernández:a historia de Europa en 3,30 min
-
Borja Fernández:biliografia 2. ou mellor dito, videografía. Volta ós clásicos. É dificil traducir aos M.P e non atopo un con subtítulos....o video comeza cun pólitico dicindo algo así coma: Boas noites. As cifras FALAN. Xa cumplimos mais das tres das promesas do noso partido antes de que finalice o segundo ano de goberno conservador(....) pero mellor ver o video, ja jajaj. e vou durmir xa, que mañá temos unha chea de curro. OPINADE E DADE IDEAS a través deste blog que serán benvidas ! boas noites.
-
Borja Fernández:vou a comezar a fuchicar nesta páxina, seguro que dá moita chicha...:)http://www.europarl.es/view/es/index.html
-
Borja Fernández:Bibliografía 1: libro de Steiner "LA idea de Europa". Xesús pásanos este libro para votarlle unha ollada, e hai cousas tan interesantes coma graciosas, por exemplo, Steiner di: Europa poderia estructurarse a través dos cafés : dende o favorito de Pessoa, ate os cafés de odesa frecuentados polos gangsters de Isaak Babel. Hai moi poucos en Inglaterra, despois dunha moda pasaxeira no s. XVIII. Se trazamos un mapa dos cafés teremos un dos indicadores esenciais da idea de Europa. o café é un lugar para a cita e a conspiración, para o debate intelectual e o cotilleo. QUÉ OPINADES? e para rematar este post deixovos con Haendel, un tipo que traballou para satisfacer os gustos o pobo e non da nobreza ou os mecenas.