Ultranoiteo CON Ultrabús
Ultrabús
Poñemos en marcha o servizo de buses da Ultranoite. Para usar este servizo é imprescindible mercar a entrada por adiantado en internet coa opción Entrada CON Ultrabús e mostrar o resgardo da entrada imprimido antes de subir ao autobús.
Saída Compostela: 22,05h. na parada de buses de Puente Castro-A Rosa
Traxecto e paradas: Pontepedriña, Ramallosa (chegada ás 22,30h.)
Volta: saída diante do auditorio da Ramallosa ás 02,00h. con chegada á praza de Puente Castro-A Rosa
O servizo de Ultrabús conta co patrocinio da Santa Sede.
Nesta ocasión, a Ultranoite vai facer un exercicio moi teatral: achegarse á actualidade desde a perspectiva da figura e da obra de Roberto Vidal Bolaño, home de teatro e compañeiro de andanzas cabareteiras a quen este ano se dedica o Día das Letras Galegas. A Ultranoite non podía pasar por alto o feito de que un dos seus habitantes chegase a obter esta honra. E a canalla do teatro galego tampouco podía deixar pasar a ocasión para reinvindicar a parte máis gamberra, incorrecta e fastidiosa dun autor e dunha persoa como Vidal Bolaño. Que faria Roberto con todo este lío de sotanas que asulaga a catedral de Santiago, él que tanto quixo falar de intrigas catedralicias? Que pensaría de todo o que foi acontecendo na vida cultural galega desde que morreu? Como se tomaría isto de que lle dedicasen o Día das Letras Galegas a él antes que a Carlos Casares? E como actuaría diante do esperpento no que se ten convertido o concello de Compostela onde naceu? Podería Bárcenas ser outra máis das súas Criaturas? De que presos falaría agora? A que políticos elexiría como obxectivo da súa ira teatral? Con que cancións se arrouparía?
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.