Ultranoiteo
Sabemos que hai ganas de Ultranoite, que no mundo pasaron moitas cousas alucinantes desde a última vez, que o verán xa está perto, Panamá tamén e as novas eleccións ao caer. Neste contexto, precisamos dunha Ultranoite. Case sen tempo de anuncialo como é debido, a Ultranoite volve a Teo en xuño!
As novidades: haberá Ultranoite durante dúas fins de semana, os días 3-4 e os días 10-11. E a hora de comezo será ás 22,30h.!!!!
O resto seguirá máis ou menos como estaba: un equipo amplo de artistas, música ao vivo, corpos en movemento, servizo de bar durante o espectáculo e tanta nocturnidade como alevosía no tratamento dos temas.
Mariano volve encabezar a lista de candidatos para esta Ultranoite, non conseguimos desfacernos del. Ao seu carón, as outras cabezas de lista para as eleccións xerais. E por activa ou por pasiva falarase de refuxiados, de casas e quechuas, do bonito que debe ser Panamá, do turismo off shore, da cantidade de honoris causa como Mario Conde que acabaron no caldeiro, de Manos Limpias e infantas, de Prince, das Irmandades da Fala, de Naranjitos, de confluencias e plataformas cidadáns, de música latina e festas sorpresa...
A partir de agora podemos garantir a estabilidade e continuidade das Ultranoites, xa que a relación entre o grupo Chévere e o concello de Teo vaise regular a través dun contrato de tres anos, froito dun concurso público que se acaba de resolver a favor de Chévere. Así que, como mínimo, haberá Ultranoite en primavera e no outono.
Coa participación de
Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Borja Fernández, Marcos Ptt, Miguel de Lira, Serxio Zearreta e o acompañamento musical de Xacobe Martínez Antelo, Manuel Cebrián e Max Gómez. Convidados: Carlos Santiago, Os Sancaetanos, Cristina Iglesias e Rut.
Venda adiantada
Teo: A Senra (Pontevea), A Santa Sede (Ramallosa), A Capilla (Calo), Panadería San José (Cacheiras).
Compostela: Scq (rúa das orfas)
A Ultranoite
No 1993, o grupo Chévere crea un espectáculo titulado Ultranoite para a Sala Nasa. Tratábase de poñer en valor e actualizar xéneros populares como o teatro de variedades, a revista ou o cabaré. Fíxose un chamamento a actores, actrices, músicos, vedetes, cantantes e artistas en xeral que estivesen dispostas a usar o teatro, a música e o vídeos para facer escarnio da actualidade política, cultural, económica e social. Dende entón pasaron 22 anos e a Ultranoite segue en cartel, agora no concello de Teo, fiel á súa cita co público, converténdose nun espello deformante e, ás veces, máis real, do que pasa ao noso arredor. A Ultranoite converteuse nun dos sinais de identidade do teatro en Galicia. Un lugar de encontro e colaboración para artistas, no que se xestaron amizades, relacións, espectáculos e, sobre todo, unha complicidade total cun público que non deixou de medrar durante dúas décadas.
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.