Ultranoite Urbana Norte
A Ultranoite volve demostrar a súa natureza camaleónica adaptándose a un novo hábitat. Desta vez, servirá de canle directa para transmitirlle á veciñanza da zona norte da cidade de Compostela que é o programa Urbana Norte, que actuacións está desenvolvendo e cales son as iniciativas que está poñendo en marcha para o desenvolvemento de barriadas como Vite, Vista Alegre, o Romaño, Guadalupe, San Caetano, Almáciga, Concheiros, San Pedro, os Basquiños, Espírito Santo e Ultreia.
Unha Ultranoite para reivindicar o valor do cotián, do máis próximo, e para celebrarmos a vida de barrio. Un convite para explorar as posibilidades que nos ofrece o máis local antes de mergullarnos na globalización.
Coñeceremos a Arquímedes Maceira, un investigador de ideas do barrio, recibiremos a Urbana Norte, rescataremos ás Marías como símbolo da veciñanza desta zona da cidade, preguntarémonos cal é o modelo empresarial máis feble e cantaremos á vida de barrio, entre humor, teatro, música e vídeos. Todas as persoas asistentes recibirán ademais información sobre os programas de asesoramento que se están a ofrecer á veciñanza en temas de emprendemento no barrio.
En escena: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.
Entrada de balde ata completar aforo.
-
(20:00h.)
CSC ViteRúa de Carlos Maside, núm. 7 15704 Santiago de Compostela(20:00h.)
CSC ViteRúa de Carlos Maside, núm. 7 15704 Santiago de Compostela