Ultranoite no País dos Ananos CON ULTRABÚS
De novo poñemos en marcha o servizo de buses da Ultranoite, o único espectáculo teatral que ofrece un servizo de transporte colectivo para o público. Unha liña que conecta culturalmente Santiago de Compostela e o concello de Teo, onde Chévere exerce de compañía residente grazas ao apoio desta aldea gala, unha comunidade de auténtica acollida cultural.
Se queres usar este servizo podes mercar a entrada por adiantado en internet coa opción Entrada CON Ultrabús, ou directamente no café SCQ en Compostela, rúa das Orfas. No momento de acceder ao bus terás que mostrar a entrada ou o resgardo da compra por internet.
O bus sae ás 21,15h. da parada da Rúa da Rosa en Compostela, con destino ao CSC da Ramallosa en Teo. Ao rematar a obra (arredor das 23,45h.), o bus realiza o mesmo traxecto en sentido inverso ata a Rúa da Rosa. O custe deste servizo esta co-patrocinado por A Santa Sede.
En xaneiro de 1993 empezaron a facerse as Ultranoites na Nasa, ao mesmo tempo que a Xunta de Galicia inventaba un alter ego para incorporarse ao futuro, o Xacobeo, surfeando sobre a marea de subvencións que chegaban da Unión Europea. A Galicia xacobea e a Ultranoite medraron en paralelo sen cruzar nunca os seus camiños. Por unha chegaron cartos a chou para pagar autovías, alta velocidade, aeroportos, universidades, polígonos industriais, paseos marítimos, portos exteriores, auditorios, subvencións, campañas publicitarias, fundacións de todo tipo e mesmo unha Cidade da Cultura que permanece en ruinas como símbolo dun país de ananos que quixo ser xigante. Mentres, a Ultranoite mergullouse en canles subterráneas para ofrecer un reflexo cómico, crítico, gamberro e perralleiro desa realidade tan aparente pero tan oca.
Agora, 20 anos despois, e mentres non chega a vindeira celebración xacobea, facemos unha paradiña no camiño da Ultranoite para botar a vista atrás con tanta inxenuidade como rencor e certificar musicalmente sobre o escenario a nosa derrota. Galicia segue imparable na súa perda de identidade. E a Ultranoite desborda personalidade.
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.
Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras cancións: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Deseño gráfico: Fausto isorna. Comunicación: Xana García. Fotografía: Matteo Bertolino. Produción: Patricia de Lorenzo, Xesús Ron. Producido co apoio de Agadic e Concello de Teo.
-
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)

Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.