Ultranoite no País dos Ananos
En xaneiro de 1993 empezaron a facerse as Ultranoites na Nasa, ao mesmo tempo que a Xunta de Galicia inventaba un alter ego para incorporarse ao futuro, o Xacobeo, surfeando sobre a marea de subvencións que chegaban da Unión Europea. A Galicia xacobea e a Ultranoite medraron en paralelo sen cruzar nunca os seus camiños. Por unha chegaron cartos a chou para pagar autovías, alta velocidade, aeroportos, polígonos industriais, paseos marítimos, portos exteriores, auditorios, subvencións, campañas publicitarias, fundacións de todo tipo e mesmo unha Cidade da Cultura que permanece en ruinas como símbolo dun país de ananos que quixo ser xigante. Mentres, a Ultranoite mergullouse en canles subterráneas para ofrecer un reflexo cómico, crítico, gamberro e perralleiro desa realidade tan aparente pero tan oca.
Agora, 20 anos despois, e mentres non chega a vindeira celebración xacobea, facemos unha paradiña no camiño da Ultranoite para botar a vista atrás con tanta inxenuidade como rencor e certificar musicalmente sobre o escenario a nosa derrota. Galicia segue imparable na súa perda de identidade. E a Ultranoite desborda personalidade.
O País dos Ananos é unha viaxe retranqueira que facemos a través da Ultranoite ao tempo e ao lugar que nos tocou vivir. Podémolo chamar Galicia se queremos. Un lugar definido polo despilfarro do presente, o cinismo das clases dirixentes e o fin da esperanza nun futuro mellor. Para retratar esta terra humillada polo asfalto servímonos da compañía de dous autores emparentados polo seu mal humor e un lirismo tan afiado como insultante: Jonathan Swift e Celso Emilio Ferreiro. Diante deles nós somos simples aprendices. E seguramente esta Ultranoite é unha marcianada máis propia da Serie B. Pero somos honestos, só un cheiro satírico pode facer respirable un réxime tan corrompido.
Esta Ultranoite no Pais dos Ananos é como un 2x1, ten un estómago e un corazón. Co estómago na man fixemos uns sketches inzados de tópicos, chascarrillos e lugares comúns cun aire de festival de fin de curso, para ceibar unhas risas cómplices. A corazón aberto ofrecemos unha presa de músicas e cancións sen lugar para esperanza, pero dun lirismo, unha beleza e unha contundencia incomprensiblemente arrebatadoras.
En escena: Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, César Goldi, Xron, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez, Manuel Cebrián.
Música orixinal: Xacobe Martínez Antelo. Textos e letras cancións: Manuel Cortés. Escenografía, roupas: Carlos Alonso. Iluminación: Fidel Vázquez. Son: Xurxo Pinheiro. Deseño gráfico: Fausto isorna. Comunicación: Xana García. Fotografía: Matteo Bertolino. Produción: Patricia de Lorenzo, Xesús Ron. Producido co apoio de Agadic e Concello de Teo.
-
(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(21:00h.)
Pazo da Cultura de PontevedraAlexandre Bóveda s/n 36005 Pontevedra(21:00h.)
Pazo da Cultura de PontevedraAlexandre Bóveda s/n 36005 Pontevedra -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)

(22:30h.)
Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo 36940 Cangas(22:30h.)
Auditorio Municipal de CangasAvenida de Lugo 36940 Cangas -
(23:00h.)
Auditorio do Castelo MIT RibadaviaPraza Maior, 32400 Ribadavia(23:00h.)
Auditorio do Castelo MIT RibadaviaPraza Maior, 32400 Ribadavia -
(20:00h.)
Brincadeira Festival (Monte do Gozo)Rúa do Gozo, 15891 Santiago de Compostela(20:00h.)
Brincadeira Festival (Monte do Gozo)Rúa do Gozo, 15891 Santiago de Compostela -
(21:30h.)
Centro Cultural e Xuvenil de MurosCasa da Cultura. Estrada de Miraflores, s/n. 15250 Muros.(21:30h.)
Centro Cultural e Xuvenil de MurosCasa da Cultura. Estrada de Miraflores, s/n. 15250 Muros. -
(20:30h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense.(20:30h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense. -
(20:00h.)
Multiúsos da XunqueiraMultiúsos da Xunqueira, s/n. 36800 Redondela.(20:00h.)
Multiúsos da XunqueiraMultiúsos da Xunqueira, s/n. 36800 Redondela. -
(18:30h.)
Teatro Cidade Universitaria de VigoCampus de Vigo As Lagoas, C/ Marcosende, s/n, 36310 Vigo(18:30h.)
Teatro Cidade Universitaria de VigoCampus de Vigo As Lagoas, C/ Marcosende, s/n, 36310 Vigo -
(21:00h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo(21:00h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo -
(21:00h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense.(21:00h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense. -
(21:00h.)
Auditorio Municipal de Vilagarcía de ArousaCasa do Concello. Praza da Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa.(21:00h.)
Auditorio Municipal de Vilagarcía de ArousaCasa do Concello. Praza da Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. -
(20:45h.)
Centro Cívico Cultural de ArteixoPaseo Fluvial, s/n 15142 Arteixo(20:45h.)
Centro Cívico Cultural de ArteixoPaseo Fluvial, s/n 15142 Arteixo -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(22:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(20:30h.)
Auditorio Gabriel García MárquezRúa do Chelito s/n Mera / Serantes 15993 Oleiros(20:30h.)
Auditorio Gabriel García MárquezRúa do Chelito s/n Mera / Serantes 15993 Oleiros -
(21:00h.)
Auditorio Mar de VigoAvenida de Beiramar 59. 36202 Vigo(21:00h.)
Auditorio Mar de VigoAvenida de Beiramar 59. 36202 Vigo -
(19:00h.)
Edificio Multiusos. MonforteRonda María Emilia Casas Baamonde, s/n 27400 Monforte de Lemos(19:00h.)
Edificio Multiusos. MonforteRonda María Emilia Casas Baamonde, s/n 27400 Monforte de Lemos -
(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña -
(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña(20:30h.)
Teatro Rosalía de CastroRúa Rego de Auga, 37, B. 15001 A Coruña -
(22:00h.)
Auditorio Municipal de CariñoPaseo Marítimo, s/n 15360 Cariño - A Coruña(22:00h.)
Auditorio Municipal de CariñoPaseo Marítimo, s/n 15360 Cariño - A Coruña -
(20:00h.)
Casa da Cultura da Serra de OutesAv de San Campió, 1, 15230 Outes, A Coruña(20:00h.)
Casa da Cultura da Serra de OutesAv de San Campió, 1, 15230 Outes, A Coruña -
(20:30h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón.(20:30h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón. -
(20:00h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón.(20:00h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón. -
(20:30h.)
Teatro Coliseo NoelaConcello de Noia. Rúa Curro 4. 15200 Noia.(20:30h.)
Teatro Coliseo NoelaConcello de Noia. Rúa Curro 4. 15200 Noia.