Torneo de Xadrez
Esta semana que entra será a última opción para visitar a exposición “Asia Magna: Japón eterno, cruce de Camiños” que dende o pasado mes de xullo se pode visitar no mesmo Pazo do Faramello.
E daráselle unha clausura de luxo, cun fin de semana intenso de actividades relacionadas co continente asiático. Unha despedida digna e axeitada para unha exposición que conseguiu perto de 2000 visitas e unha ampla mención en medios.
A actividade comezará o sábado 13 cunha tarde onde o Xadrez será o auténtico protagonista. Realizarán un torneo, de carácter informal e aberto a tódolos públicos, para achegar este deporte a todo o mundo. As persoas que se inscriban terán dereito a unha visita guiada ao Pazo e á exposición. E por suposto, tamén accederán a conseguir o interesante premio composto por unha sesión nun balneário da área de Compostela e 2 convites para a inauguración da vindeira exposición que se presentará no Pazo do Faramello. Completan o premio dúas aportacións de dous colaboradores habituais do Pazo: botella de viño das Adegas Don Olegario, e unha cea para dúas persoas que ofrece o Restaurante Garum.
Para este torneo contan ademais co inestimable apoio do Clube de Xadrez Algalia e o Clube USC de Xadrez, encargados da loxística e asesoramento.
O prezo da inscripción para o torneo (limitado a 24 participantes) será de 5€, prezo que inclúe tamén a visita ao Pazo e exposición.
As persoas que queiran asistir simplemente como público para presenciar as partidas, poderán facelo por unha entrada de 3€, que ademáis lles permitirá a visita libre polos xardíns do Pazo.
Para manterse informados así como para mercar entradas ou inscribirse no torneo, contactar ao 690.195.217 ou no correo electrónico inesportela@madapro.es
Esta actividade, así como todas as realizadas neste mes de setembro no Pazo do Faramello, contan coa colaboración e patrocínio do Concello de Rois e do Concello de Padrón.
-
(16:00h.)
Pazo do Faramello15980 Rois(16:00h.)
Pazo do Faramello15980 Rois