PRESENTACIÓN DE GALIZA ANO CERO EN COMPOSTELA
Vémonos este martes en Compostela?
Para que nos coñezas e para escoitarte, porque isto está en construción e precisa das mans de todas, seguimos en ruta. Este martes 2 de xullo Galiza Ano Cero para en Compostela, no local da Gentalha do Pichel, no número 21 da rúa Santa Clara, ás 20.30 horas. Achégate e falamos.
Estes encontros, que xa tiveron lugar en Vigo e A Coruña, está pensados para que coñezas mellor en que consiste Galiza Ano Cero, o que queremos facer, quen somos, e como temos pensado intentalo, e sobre todo para escoitar, debater e aprender a construír isto entre todxs. Os actos retransmitiranse en streaming dende este mesmo web, así que calquera poderá participar na distancia empregando, por exemplo, a etiqueta #outratv en Twitter.
Non será a última presentación do proxecto. Esta mesma semana estaremos en Pontevedra (Liceo Mutante, 4 de xullo) e Ourense (Café Cultural Auriense, 6 de xullo). En todo caso, lembra que podes propoñer encontros deste tipo na túa vila ou cidade, no local da túa asociación ou no teu centro social. Onde queiras. Escríbenos a info@galizaanocero.tv.
-
(20:30h.)
Gentalha do PichelRúa Santa Clara 15704 Santiago de Compostela(20:30h.)
Gentalha do PichelRúa Santa Clara 15704 Santiago de Compostela