The day that women...
Charla? Conferencia? Teatro?
O día que as mulleres gobernemos o mundo, todo será distinto. Este é o nome que decidimos poñerlle a este proxecto educativo, didáctico, pedagóxico e teatral, dirixido especialmente a centros de ensino secundario. Estamos convencidas do poder que ten o teatro como ferramenta para comunicar, pero en Chévere non somos docentes. Por iso contamos coa colaboración de Promove, con quen creamos esta charla dramatizada, onde unha docente de Promove e unha actriz de Chévere colaboramos para educar en Igualdade.
En escena aparece unha consultora disposta a dar unha charla. Pero en realidade o que vai pasar é moito máis, porque hoxe vén acompañada da súa madriña, unha muller maior interesada en coñecer que é iso que fai a afillada, porque ela non acaba de entender a que se dedican “as consultoras”. A partir de aí, o que sucede no escenario vai atrapando a un público sorprendido polas intervencións da madriña, que cuestiona todo o que di a afillada, e curioso por ver como sae desta a afillada. O alumnado, deixándose levar pola situación e polo que escoita, vai reflexionando sobre a súa propia postura con respecto a temas como a igualdade de oportunidades, os roles sociais de homes e mulleres e o feminismo.
Para a execución deste proxecto contamos cun cadro de dúas actrices (Patricia de Lorenzo, Mónica García) e dúas docentes (Fátima Rodriguez, Verónica R. Ruzo), que se irán alternando na realización das charlas en función da súa dispoñibilidade.
-
(11:00h.)
IES Punta Candieira-CedeiraRúa Ensino, s/n, 15357 Cedeira, A Coruña -
(12:00h.)
CIFP Carlos OrozaAv. Montecelo, 16, 36161 Pontevedra -
(12:30h.)
CPI Ramón Piñeiro LáncaraPraza dos reis s/n, 27360 Pobra de San Xiao. Láncara, Lugo(12:30h.)
CPI Ramón Piñeiro LáncaraPraza dos reis s/n, 27360 Pobra de San Xiao. Láncara, Lugo -
(10:20h.)
IES do MilladoiroTravesía do Porto, s/n, 15895 O Milladoiro, A Coruña -
(10:30h.)
IES MilladoiroIES Milladoiro Travesía do Porto, s/n, 15895 O Milladoiro, Ames -
(10:30h.)
IES A Terra Chá Castro de REiIes A Terra Cha-José Trapero Pardo Avenida Terra Chá, 0, 27269 O Castro, Lugo, España -
(11:30h.)
CIFP CompostelaRúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela -
(16:00h.)
CIFP CompostelaRúa Lamas de Abade s/n, 15702 Santiago de Compostela