Máis Alá da ULTRANOITE (librodiscoDVD), presentaacción en Vigo
Chévere xúntase de novo en Vigo para presentar ao vivo o libro Máis Alá da Ultranoite (crónica canalla do cambio de milenio 1993-2013), e para abrir as actividades que, durante todo o mes de abril, farán de Vigo unha cidade máis Chévere.
Será o xoves 9 de abril ás 20,00h. no Café Detrás do MARCO (Rúa Londres s/n, 36202 Vigo, xusto detrás do museo).
Contaremos coa presencia de Patricia de Lorenzo, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Xron, Arantza Villar, Mónica García, César Goldi, Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián. Farase unha proxección comentada dunha escolma de vídeos históricos da Ultranoite que están incluídos no DVD que acompaña ao libro. E para rematar cantaranse en acústico algunhas das cancións do espectáculo Ultranoite no País dos Ananos, que tamén se inclúen no libro.
Durante a presentación poderás conseguir o libro cun desconto do 10%.
Trátase dunha edición feita para documentar esta experiencia de autodeterminación teatral que ao longo de 22 anos reflexou sobre o escenario a realidade que nos tocou vivir. O libro recolle todas as Ultranoites realizadas desde aquela primeira de xaneiro de 1993, situándoas no calendario en relación a un feixe de acontecementos culturais, políticos, económicos e sociais.
Ademáis, o libro vai acompañado dun disco coas cancións da Ultranoite no País dos Ananos e un DVD con case cen clips de vídeo que servirán para lembrar algúns dos momentazos da Ultranoite.
O libro estará disponible nas librarías galegas. O prezo é de 22€.
-
(19:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra(19:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra -
(13:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra(13:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra -
(13:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra(13:00h.)
Culturgal PontevedraRúa Alexandre Bóveda, s/n, 36005 Pontevedra -
(19:30h.)
Hervor e FervorPraciña das Penas, 2. 15704 Santiago de Compostela(19:30h.)
Hervor e FervorPraciña das Penas, 2. 15704 Santiago de Compostela -
(20:00h.)
Café Detrás do MARCORúa Londres, s/n. 36202 Vigo(20:00h.)
Café Detrás do MARCORúa Londres, s/n. 36202 Vigo