IMPRONEWS
Señores e señoras non vos ides librar de nós neste 2014-2015.
A IMPRO VOLVE e volve cun formato novidoso.
“Impronews” informará a poboación do que acontece. Dará o seu punto de vista pero sempre desde unha perspectiva totalmente arbitraria e subxectiva. Como os nosos medios de comunicación.
Se en espectáculos anteriores convidabamosche a vir a vivir o noso país porque o voso era unha “merda”, neste caso propoñémonos responder a esta pregunta. Como sería un informativo totalmente improvisado?
Haberá entrevistas, presentaremos novos proxectos e contaremos as noticias da semana dunha maneira ácida e divertida. COMO SEMPRE TI MANDAS. E as Impros irán por onde o público queira que vaia.
Chavalada, non vos perdades esta nova tempada nunha nova residencia
-
(21:30h.)