Faladoiro teatralizado no Fervor
Actrices e actores de Chévere participarán nun ciclo de faladoiros teatralizados conducidos pola consultora Promove, para trasladar á veciñanza da zona norte de Compostela as accións que o programa Urbana Santiago Norte está levando a cabo e os servizos que pon á súa disposición. Trátase de baixar á rúa o que se cociña nos despachos, establecer un diálogo coa cidadanía e abrir canles de conversa e participación que melloren a rendibilidade dos programas en marcha.
Nestes faladoiros mestúrase a información facilitada polo persoal técnico coas intervencións teatrais, que funcionarán como ilustracións e comentarios a pé de páxina co obxectivo de xerar unha maior complicidade co público e converter estes actos nun encontro máis lúdico que facilite un diálogo final.
Coñeceremos a Enrique Tuñas, o poeta emprendedor de Chan de Curros (Guadalupe) e por suposto, tamén farán a súa intervención as Marías da rúa de Baixo.
-
(21:00h.)
Hervor Fervor PostreríaPraciña das Penas s/n 15705 Santiago de Compostela(21:00h.)
Hervor Fervor PostreríaPraciña das Penas s/n 15705 Santiago de Compostela