Danza en Teo
DANZA EN TEO é un programa de difusión da danza contemporánea para a veciñanza de Teo, organizado por Chévere dentro das súas actividades como compañía residente no concello e coa colaboración de DANESGA (Asociación Profesional Danza Escénica Galega). A entrada a todas as actividades será de balde. Apoian: Concello de Teo, Agadic.
4MARTES 5MÉRCORES | IES CACHEIRAS
DANZA CONTEMPORÁNEA PARA MENORES DE 18 ANOS Actividade de formación e introdución á danza contemporánea para o alumnado do IES de Cacheiras, dirixida por profesionais da danza.
6XOVES | A RAMALLOSA
10,00H. | AUDITORIO | ASAMBLEA DE DANESGA (Asociación profesional de Danza Escénica Galega) O auditorio da Ramallosa convértese en lugar de encontro e debate de profesionais da danza contemporánea procedentes de toda Galicia.
12,30H. | AUDITORIO | ACTIVIDADE INFANTIL E FAMILIAR A Compañía Traspediante propón unha mostra e un obradoiro familiar a partir de Baleadas, un traballo que xunta danza e poesía para falar de baleas e outros cetáceos (nenas e nenos desde 4 anos).
16,00H. | SANTA SEDE | FALADOIRO E CAFÉ
Faladoiro arredor da situación actual da danza contemporánea en Galicia, con participación de profesionais, xornalistas e persoas vencelladas á xestión e programación. Convidada: Natalia Balseiro, Juan Carlos Zahera, entre outros.
18,00H. | AUDITORIO | LES REVES DANSANTS, SEGUINDO OS PASOS DE PINA BAUSCH (Anne Linsel/Rainer Hoffmann, 2010). Proxección da película documental sobre o proceso de traballo que a compañía da coreógrafa alemá Pina Bausch (1940-2009) desenvolveu con adolescentes ao longo do ano 2010 para montar a súa peza Kontakthof, creada orixinalmente en 1978.
20,00H. | AUDITORIO | DANZA EXPRÉS
Presentación en continuidade de varias pezas breves, que ofrecen unha panorámica da diversidade de propostas, estilos e formatos que co-habitan na danza contemporánea galega:
mostra do obradoiro desenvolvido no IES Cacheiras (15')
Exercicio coreográfico do Espazo de Danza da Universidade de Santiago de Compostela (15')
Leodán Rodríguez (15')
Extracto Baleadas (a palabra ocupa o meu corpor) (7')
Orchestra Exploratoria (varios artistas de diferentes disciplinas) (25')
Entrada libre: todas as actividades serán de balde.
-
(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(12:30h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.