Escapárate Lugo
Escapárate. Lugo Venres 7 de decembro 2012
Un proxecto do grupo Chévere para a Deputación de Lugo e o Centro Comercial Aberto Lugo Centrum
EscapÁrate é un proxecto innovador para a promoción do pequeno comercio de proximidade: un festival de teatro feito nos escaparates dos comercios da zona centro de Lugo. Trátase de poñer en valor o comercio como motor de conservación do patrimonio histórico e reivindicar a compra-venda nunha relación de proximidade, dialogante ata o regateo, de gozar do paseo a ceo aberto nun deambular libertario ou de deixarse sorprender polo aire na cara, polo cheiro a comida recén feita ou pola teatralidade dos escaparates. Tender pontes entre a actividade comercial e a creación artística pode ser un fértil campo de cultivo para sementar usos comerciais cheos de novas sensibilidades. O obxectivo é vivir e usar a nosa vila dunha maneira inesperada, ocupando con actividade cultural uns espazos reservados habitualmente á exhibición comercial. Convertir os escaparates, auténtica seña de identidade do comercio, en escenarios para o teatro, a danza, os títeres ou a música. Abrir un proceso inacabable de refundación dos lugares comúns.
Idea e creación: Chévere. Intérpretes: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Borja Fernández, Antón Coucheiro. Coa colaboración especial de: O Retrete de Dorian Gray. Animación de rúa: Pepe Penabade. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Loxística: Fidel Vázquez. Arranxos escenográficos: Pepe Penabade. Vídeos: Quadra Producións. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico e asesoramento: Promove Consultoría e Formación. Unha produción Chévere. Co patrocinio da Deputación de Lugo, e a colaboración do Concello de Lugo e o Centro Comercial Aberto Lugo Centrum.
PROGRAMA DE ACTUACIÓNS
VENRES 7 DE DECEMBRO 2012
12,00h. Animación de rúa, zona do mercado, rúa da Raíña, Pza. Maior.
12,15h. ata 20,30h. Mira aquí! (video-instalación). Pastelería Ramón, rúa Doutor Castro
12,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
12,45h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Zapatería Messalina, rúa Doutor Castro.
13,00h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
13,15h. Pernas (coreografía para 6 pernas con pelos). Zapatería Messalina, rúa Doutor Castro.
13,30h. Percheiro e Corcheiro (bailaríns pendurados). Ana Sousa, rúa progreso
13,45h.O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre
18,15h. Animación de rúa, zona Pza. Maior.
18,30h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre
19,00h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Mobles Pirámide, rúa do Campo Castelo
19,30h. Os Tres Tenores (recital lírico). Confeccions Yáñez, rúa San Marcos
20,00h. O Retrete de Dorian Gray (Porter, o globo que baila). Miguel Sport, rúa Bispo Aguirre
20,30h. Cambio de tempada (comedia romántica sen palabras). Mobles Pirámide, rúa do Campo Castelo
21,00h. Os Tres Tenores (recital lírico). Confeccions Yáñez, rúa San Marcos
-
(12:15h.)
Lugo Centro27001 lugo(12:15h.)
Lugo Centro27001 lugo