Escapárate de xénero
Con motivo da celebración do día mundial para a eliminación da violencia contra as mulleres, Chévere bota man do formato de accións teatrais en escaparates para tratar este tema.
Propoñemos tres retratos de mulleres soas que sofren malos tratos.
Tres perfiles completamente distintos de mulleres que son vítimas
de agresións dentro dunha relación de parella. Son tres escenas
individuais, nas que se trata de transmitir ao público un problema e
unha dor. Para a súa posta en escena vaise ter moi en conta que o
soporte da comunicación é o escaparate dunha tenda, aproveitando
ese xogo ou ese contraste entre a intimidade que ofrece o interior do
escaparate e a exposición pública que implica facelo diante da xente
que pasa pola rúa. É un territorio fronteirizo entre o público e o privado,
entre o teatro de sala e o teatro de rúa, entre a exposición e a reflexión
que aproveitaremos para sorprender ao público e captar a súa atención
sobre un tema como o da violencia de xénero nun contexto inesperado.
En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar, Iván Marcos. Dirección artística: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Produción: Juancho Gianzo. Organiza: Concellaría de Igualdade do Concello de Monforte de Lemos. Colabora: Edesga. O noso agradecemento á Radio Galega pola cesión do audio da peza "Silvia, Estás aí?" e a Nekane Fernández.
-
(11:30h.)
Zona peonil de Monforte de LemosCardenal Rodrigo de Castro 13, 27400 Monforte de Lemos(11:30h.)
Zona peonil de Monforte de LemosCardenal Rodrigo de Castro 13, 27400 Monforte de Lemos