EscapÁrate
Chévere propón un proxecto innovador para a promoción do comercio de proximidade: pezas de teatro feitas nos escaparates das propias tendas, creadas e adaptadas especificamente para cada espazo. Será no casco vello de Viveiro o venres 22 de xuño. Unha experiencia que Chévere xa presentou anteriormente en Santiago de Compostela (2002) e Pontedeume (2010).
As intervencións sucederanse entre 12,30h. e 14,30h. e entre 19,00h. e 22,00h. en distintos comercios do casco vello de Viveiro.
Trátase de poñer en valor o comercio como motor de conservación do patrimonio e reivindicar a compra-venda nunha relación de proximidade, dialogante ata o regateo, de gozar do paseo a ceo aberto nun deambular libertario ou de deixarse sorprender polo aire na cara, polo cheiro a comida recén feita ou pola teatralidade dos escaparates. Tender pontes entre a actividade comercial e a creación artística pode ser un fértil campo de cultivo para sementar usos comerciais cheos de novas sensibilidades. O obxectivo é vivir e usar a nosa vila dunha maneira inesperada, ocupando con actividade cultural uns espazos reservados habitualmente á exhibición comercial. Convertir os escaparates, auténtica seña de identidade do comercio, en escenarios para o teatro, a maxia, a danza ou a música. Abrir un proceso inacabable de refundación dos lugares comúns.
Idea e creación: Chévere
Intérpretes: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Xron, Borja Fernández, Antón Coucheiro. Coa colaboración especial de: mago Romarís. Animación de rúa: Pepe Penabade. Arranxos sonoros: Xacobe Martínez Antelo. Loxística: Fidel Vázquez. Arranxos escenográficos: Pepe Penabade. Comunicación: Xana García. Asesoramento: Promove.
-
(13:00h.)
Praza Maior de viveiroPraza maior, Viveiro, Lugo(13:00h.)
Praza Maior de viveiroPraza maior, Viveiro, Lugo