Citizen
En escena: Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Miguel de Lira, Mónica García, Arantza Villar, Nekane Fernández, Iván Marcos. Dramaturxia, dirección: Xron. Escrita: Manuel Cortés. Movemento escénico: Rut Balbís. Iluminación: Fidel Vázquez. Espazo sonoro: Xacobe Martínez Antelo. Vídeos: Quadra Producións, Oroboro Filmes. Produción: Juancho Gianzo. Comunicación: Xana García. Deseño gráfico: Fausto Isorna. Actores do Breaking News From Galicia: Monti Castiñeiras, Iria Pinheiro. Unha creación Chévere!, compañía residente no concello de Teo. Co apoio de AGADIC, Concello de Teo, INAEM, Deputación de Lugo, Gadis
Citizen, a triloxía dos Chévere sobre o imperio téxtil de A.O. comeza a súa xira por Galicia, levando a obra por 13 concellos entre febreiro e xuño de 2012 e realizando un total de 21 funcións.
Para celebrar o seu 25 aniversario, Chévere pon os motores a todo gas e prepara toda unha batería de lanzamentos escénicos e culturais para este ano. Entre eles, unha estensa xira co seu espectáculo estrela de 2012, Citizen.
Chévere remata o seu proxecto máis ambicioso e innovador con esta entrega íntegra e completa das tres partes que compoñen a saga Citizen. Un espectáculo que é a suma das tres obras estreadas durante a tempada, e que nos ofrece a posibilidade de mergullarnos dun tirón na historia de A.O. e Sara. Un novo formato teatral para a carteleira galega. Un reto e unha oportunidade para o público. Un luxo para nós. Sete actores no esceanrio. Tres horas de teatro feito a pé da realidade para gozar en compañía.
A posta en escena da versión íntegra de Citizen farase en tres actos con dous intermedios, e terá unha duración de tres horas en total.
Primeiro acto. Maiorías silenciosas. A realidade da historia fronte a invención da realidade. Transición ou Transacción. A Coruña, 1975. Franco morreu hai unha semana. Sara, unha estudiante comprometida no movemento anti-franquista, fuxe dos grises e entra nunha tenda que está sendo reformada para a súa apertura ao público. Alí atópase co seu dono, A.O., un empresario disposto a conquistar un imperio. Duración: 75 minutos.
Segundo acto. Made in Galiza. As capas máis ocultas da historia a flor de pel. Durante os anos 80 e 90 xurdiron centos de talleres de confección que deron traballo a milleiros de mulleres do rural, convertíndose nun sector estratétixico para o crecimento dunhas poucas empresas que se lanzaron ao mercado internacional. Un exercicio de sobre explotación de man de obra barata que logo se trasladaría a países subdesenvolvidos. Sara trata de saír da marxinalidade laboral e económica poñendo en marcha un taller de confección con outras veciñas do seu pobo. Será un soño breve e dramático. Duración: 60 minutos.
Terceiro acto. Wii economía. O século XXI empeza coa crise máis profunda do capitalismo. A especulación sen control, o ánimo de lucro infinito, a globalización sen límites levan ao colapso ás principais economías coñecidas. Neste contexto, A.O. ve como o seu imperio multinacional está a piques de desaparecer. E descubre que un dos responsables do desastre pode ser o seu propio fillo. Duración: 50 minutos.
-
(20:30h.)
Teatro Municipal Área PanorámicaPraza do Concello s/n. 36700 Tui.(20:30h.)
Teatro Municipal Área PanorámicaPraza do Concello s/n. 36700 Tui. -
(20:00h.)
Casa da Cultura de MilladoiroTravesía do Porto s/n. 15895 Milladoiro-Ames(20:00h.)
Casa da Cultura de MilladoiroTravesía do Porto s/n. 15895 Milladoiro-Ames -
(20:30h.)
Auditorio Municipal de Vilagarcía de ArousaCasa do Concello. Praza da Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa.(20:30h.)
Auditorio Municipal de Vilagarcía de ArousaCasa do Concello. Praza da Ravella, 1. 36600 Vilagarcía de Arousa. -
(20:00h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo(20:00h.)
Pazo da Cultura de CarballoRúa do Pan, s/n. 15100 Carballo -
(20:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93(20:00h.)
Fórum Metropolitano da CoruñaCalle del Río de Monelos, 1 15006 A Coruña Teléfono: 981 18 42 93 -
(20:30h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense.(20:30h.)
Teatro Lauro OlmoRúa A Estación, 2. 32300 O Barco de Valdeorras. Ourense. -
(20:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(20:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(19:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(20:30h.)
Auditorio Gustavo Freire (Lugo)Praza da Milagrosa, 27003 Lugo(20:30h.)
Auditorio Gustavo Freire (Lugo)Praza da Milagrosa, 27003 Lugo -
(20:30h.)
Auditorio Municipal de Lalín.Praza do Mercado s/n. 36500 Lalín.(20:30h.)
Auditorio Municipal de Lalín.Praza do Mercado s/n. 36500 Lalín. -
(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(20:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(19:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(19:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(19:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela(19:00h.)
Teatro Principal. Santiago de CompostelaRúa Nova 21. 15701 Santiago de Compostela -
(20:30h.)
Auditorio Municipal Hernán NavalPraza de España, 1. 27700 Ribadeo.(20:30h.)
Auditorio Municipal Hernán NavalPraza de España, 1. 27700 Ribadeo. -
(21:00h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense.(21:00h.)
Teatro Principal OurenseRúa da Paz, 9. 32005 Ourense. -
(22:30h.)
Edificio Multiusos. MonforteRonda María Emilia Casas Baamonde, s/n 27400 Monforte de Lemos(22:30h.)
Edificio Multiusos. MonforteRonda María Emilia Casas Baamonde, s/n 27400 Monforte de Lemos -
(20:00h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón.(20:00h.)
Auditorio Municipal de NarónRúa Holanda s/n. 15570 Narón. -
(20:30h.)
Auditorio Gabriel García MárquezRúa do Chelito s/n Mera / Serantes 15993 Oleiros(20:30h.)
Auditorio Gabriel García MárquezRúa do Chelito s/n Mera / Serantes 15993 Oleiros -
(21:00h.)
Teatro Principal de PontevedraRúa de Paio Gómez Chariño, 6 36005 Pontevedra(21:00h.)
Teatro Principal de PontevedraRúa de Paio Gómez Chariño, 6 36005 Pontevedra -
(21:30h.)
Museo do Mar de MurosAvda. Buenos Aires s/n 15250 Muros A Coruña(21:30h.)
Museo do Mar de MurosAvda. Buenos Aires s/n 15250 Muros A Coruña -
(21:00h.)
Auditorio Municipal de VigoPraza do Rei 1 36202 Vigo(21:00h.)
Auditorio Municipal de VigoPraza do Rei 1 36202 Vigo -
(20:00h.)
La Casa EncendidaRonda Valencia, 2 28012 Madrid(20:00h.)
La Casa EncendidaRonda Valencia, 2 28012 Madrid -
(20:00h.)
La Casa EncendidaRonda Valencia, 2 28012 Madrid(20:00h.)
La Casa EncendidaRonda Valencia, 2 28012 Madrid