Ultranoiteo SEN ultrabús
Despois do éxito acadado pola Ultranoite na súa recente incursión na Coruña, agora en novembro volve ao seu espazo natural no auditorio da Ramallosa (Teo) para confirmar as complicidades establecidas co seu público de sempre.
Coma sempre, a Ultranoite transporta música ao vivo, humor irreverente, teatro feito a pé de rúa, onde a espontaneidade e a improvisación faise con alevosía e nocturnidade. Un cabaré distinto, actual, crítico, gamberro e incorrecto. Unha revista ao vivo para repasar a actualidade con toda a liberdade que ofrece un escenario. Unha actualidade que dá tema para dar e tomar.
En Teo presentaremos os novos números estreados na Coruña, coas adpatacións e incorporacións que marque a actualidade, e algúns máis. En todo caso, non faltarán a esta cita Sánchez Gordillo e os seus cómplices galegos para contarnos como levar a cabo a expropiación do sobrante capitalista. Nin tampouco faltarán o electricista da catedral e o deán para poñer en escena unha zarzuela sobre os auténticos motivos do roubo do códice. Non pode faltar, mal que lle pese, o noso presidente favorito, don Mariano, que virá acompañado polos seus anxos, políticos de xénero indefinido como Espe, Ana ou Soraya. Non faltará tampouco Chavela Farjas. Nin a Década Prestigiosa, rescatada para lembrar os 10 anos da catástrofe do Prestige. E tamén contaremos coa presencia das Pussy Riots, ou alguén que se lle parece moito a estas rapazas rusas. E sobre todo non faltarán as alusións á suba do IVE, á segregación por sexos, á campaña electoral, á independencia de Cataluña, ao co-pago sanitario, ao rescate e ao que aínda poida pasar...
Contaremos coa participación dos artistas habituais da Ultranoite: Miguel de Lira, Patricia de Lorenzo, Manuel Cortés, Xron, Mónica García, Arantza Villar, Carlos Santiago, Pablo Trasno, Marcos Ptt Carballido, e máis de Paula Carballeira e Chiqui Pereira e co acompañamento musical ao vivo da Ultrabanda, con Xacobe Martínez Antelo, Max Gómez e Manuel Cebrián. Os vídeos son cousa de Cuco Pino, por suposto.
-
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo. -
(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.(23:00h.)
Auditorio Constante Liste da Ramallosa (Teo)A Ramallosa s/n. 15883 Concello de Teo.