Patricia de Lorenzo no Teatriño da Fundación Luís Seoane
O teatriño é un proxecto comisariado por Camilo Franco que indaga na relación entre diferentes actrices da escea galega e o público, a través da posta en escena de pequenas representacións dunha duración de 45 minutos nas que se convida ás intérpretes a que conten o que queiran e como queiran co menor artificio posible, sen decorados, nin vestiario especial, eliminando a distancia entre elas e os espectadores, nunha montaxe única que non volverá representarse nunca máis. Este mes tocaralle a Patricia de Lorenzo, que presentará a súa peza Un Soño Cumprido. As entradas poden adquirirse na Fundación Luis Seoane (prezo da entrada: 10 euros). Capacidade limitada.
-
(22:30h.)
Fundación Luís SeoaneFundación Luis Seoane · San Francisco, 27 · 15001 A Coruña (España)