EscapÁrate
CHÉVERE VOLVE Á ACTIVIDADE LEVANDO O TEATRO AOS ESCAPARATES DO PEQUENO COMERCIO DO CONCELLO DE AMES
Esta semana Chévere poderá volver traballar despois de máis de catro meses parados pola Covid-19. Facémolo nun concello próximo, en Ames. Os concellos son fundamentais para manter a cultura en Galicia. E facémolo ademais cun proxecto singular, que parece pensado e adaptado para esta “nova normalidade” imposta polo virus, pero que foi deseñado xa hai moitos anos: facendo teatro dentro dos escaparates.
EscapÁrate! é un proxecto innovador que usa o teatro como ferramenta para a promoción e dinamización do pequeno comercio e para incentivar o consumo responsable, con participación directa dos establecementos comerciais. Convertemos os escaparates, auténtica seña de identidade do comercio, en escenarios para o teatro. Trátase de poñer en valor o comercio retallista como espazo de socialización e reivindicar a compra-venda nunha relación de proximidade baseada no diálogo, de gozar do paseo a ceo aberto ou de deixarse sorprender polo aire na cara, polo cheiro a comida recén feita e pola teatralidade dos escaparates.
Ademais, no contexto da crise provocada pola Covid-19, faise máis necesario aínda desenvolver accións de animación e promoción do comercio de proximidade, un dos sectores máis afectados. O obxectivo é contribuír a que a xente recupere a confianza, saia da casa atraída por unha iniciativa orixinal que altera a súa rutina diaria, e crear unha experiencia positiva en relación co pequeno comercio. O obxectivo final é vivir e usar a nosa vila dunha maneira inesperada e sorprendente, como signos de cambio cara unha nova normalidade máis solidaria, imaxinativa e compartida.
Unha proposta que ademais contribúe a recuperar a actividade cultural e teatral no concello, mentres os teatros e centros culturais abren con grandes limitacións de capacidade. Porque esta é unha actividade na que o público está ao aire libre, durante un tempo breve, en grupos reducidos, favorecendo a distancia interpersoal e separado dos artistas.
EscapÁrate! Consiste en representar 5 pezas teatrais breves dentro dos escaparates, constituíndo un roteiro teatral que atravesará as rúas e prazas de Bertamiráns e Milladoiro. Para favorecer os grupos reducidos e renovar o público constantemente, faranse 2-3 e ata 4 pases de cada peza.
As actuacións terán lugar ao longo de dous días dacordo co seguinte horario:
VENRES 17 XULLO
MILLADOIRO (rúa Anxeríz e adxacentes)
19.30h Comercio CAREVA. Peza: Corcheiro&Percheiro (bailaríns pendurados)
19.45h Comercio PATAGONIA. Peza: Cambio de tempada (comedia romántica con manequín)
20.00h Comercio CAREVA. Peza: Corcheiro&Percheiro
20.15h Comercio PATAGONIA. Peza: Cambio de tempada
20.30h Comcercio MAYZU. Peza: Tres tenores (recital lírico)
20.45h Comercio PATAGONIA. Peza: Cambio de tempada
21.00h Comercio MAYZU. Peza: Tres tenores
10:00h a 21:30h. Comercio: Nani’s Kids. Videoinstalación “MIRA AQUÍ”
SÁBADO 18 XULLO
BERTAMIRÁNS (arredor das prazas do Concello e da Mahía e avenida da Mahía)
12.30h Comercio: LA LOLA. Pernas (coreografía para seis pernas con pelos)
12.45h Comercio: A TENDA DE FRÁBER. Corcheiro&Percheiro (bailaríns pendurados)
13.00h Comercio: LA LOLA. Pernas (coreografía para seis pernas con pelos)
13.15h Comercio: A TENDA DE FRÁBER. Corcheiro&Percheiro (bailaríns pendurados)
13.30h Comercio: QUEENS Telesaúde (consultas a distancia)
13.45h Comercio: A TENDA DE FRÁBER. Corcheiro&Percheiro (bailaríns pendurados)
21.00h Comercio: QUEENS. Telesaúde (consultas a distancia)
21.30h Comercio: T3. Cambio de tempada (comedia romántica con manequín)
21.45h Comercio: QUEENS. Telesaúde (consultas a distancia)
22.00h Comercio: JOSÉ SAENZ. Os tres tenores (recital lírico)
22.15h Comercio: T3. Cambio de tempada (comedia romántica con manequín)
22.30h Comercio: QUEENS. Telesaúde (consultas a distancia)
22.45h Comercio: T3. Cambio de tempada (comedia romántica con manequín)
23.00h Comercio: JOSÉ SAENZ. Os tres tenores (recital lírico)
Idea e creación: Chévere.
Intérpretes: Patricia de Lorenzo, Xron, Miguel de Lira, Manuel Cortés, Borja Fernández, Mónica García, Antón Coucheiro.
Arranxos sonoros e loxística: Xacobe Martínez Antelo.
Comunicación: Xana García.
-
(19:30h.)
MilladoiroRúa Anxeriz 15895 Milladoiro-Ames(19:30h.)
MilladoiroRúa Anxeriz 15895 Milladoiro-Ames -
(12:30h.)
BertamiránsPraza do Concello, Prza da Mahía, 15220 Bertamiráns-Ames(12:30h.)
BertamiránsPraza do Concello, Prza da Mahía, 15220 Bertamiráns-Ames