
Rede Nasa
Amores Prohibidos 2.0
How could Romeo and Juliet's story be if they lived in Boiro in 2012? Could they live their love story with a linguistic conflict between? Is it possible to make a theater play without a scene, only with the web and social networks? Amores Prohibidos 2.0 tried to answer these questions and to update a classic work in the digital world. You can check what has happened with Romeo and Juliet from 23 to 27 april, follow their dialogues and characters interactions. See more.

On show
-
Xespir:
Non. Rematou. Unha mágoa, pero todo ten a súa fin. Como autor podería fachendear de que a historia que se viviu estes días na Cachada é unha gran historia, e atribuírme todo o mérito. Pero declino esa honra en favor de todos os alumnos, alumnas, profesoras e profesores que participaron na realización da mesma. Con mención especial aos que encarnaron a Xiana, Romero, Baldo, Mejuto, Ana e Rossi.
Romeo e Xulieta, a verdade, non me quedou mal. Pero xa era hora de darlle un repasiño. Amores Prohibidos é o glorioso resultado. Cando menos máis comprensible porque ás veces, debo confesalo, váiseme un pouco a man co estilo.
Ata sempre.
-
Xespir:
...ou é o comezo doutra?
-
Xespir:
Parece que esta historia chega á súa fin...
-
Xespir:
Tras o temporal destes días, esta tarde en Boiro loce un sol radiante. No IES A Cachada estase a celebrar o Consello Escolar no que se revisará a expulsión de Romero. Malia a presión social exercida na vila e nas redes sociais, aínda nada está claro. Hai moita tensión e nervios nos arredores do instituto, e a rapazada xa se está achegando para coñecer o veredito final. Que pasará?
-
Xespir:
Bo día a todo o mundo. Todo apunta a que hoxe haberá resolución. Veremos como se desenlea toda esta madeixa que ata onte estaba ben enmarañada. Será Romero readmitido? Asistiremos á conversión de Rossi e de Mejuto? Como está Xiana? Agardamos espectantes a que estes Amores Prohibidos sexan, por fin, legalizados.
-
Xespir:
Ei, os de Redenasa están tirando a casa pola ventá. Convidan a cervexa a quen se achegue nos próximos minutos aos bares polos que están pasando Ana e Xiana. Apurade!
Seguide a @AnaCabo93. A quen apareza no bar onde están en 30' e pregunte por Xiana convidámolo a 1 caña + 1 chapa de #amoresprohibidos20
— Rede Nasa (@redenasa) abril 26, 2012 -
Xespir:
Alleas á toda a que está montada en Boiro, e despois das primeiras cervexas parece que as penas de Xiana son menos, grazas á compaña de Ana e á noite compostelá. Se andades por aí esta noite e as atopades, por favor dicídelle a Xiana que a están esperando en Boiro. Se Ana segue tuiteando alegremente como ata agora sobre a súa situación, non o teredes moi difícil. Creo que a esta hora aínda están no 13...
-
Xespir:
Estou especialmente emocionado. Chegounos agora unha mensaxe en vídeo, procedente dun lugar moi próximo á miña casa. Teño morriña, teño saudade. Grathanks, amigas.
Xa me encargo de que Mejuto, Rossi e Xiana tomen boa nota dos vosos consellos.
-
Xespir:
Acabo de acordarme de que teño unha vella amiga que é profesora de inglés no Peleteiro. Vouna chamar a ver se sabe algo de Romero.