Sentímolo, non damos atopado o usuario que buscas.
Rede Nasa
Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.
Chévere, 30 anos na memoria e na voz do público (1987/2017)
Chévere cumpre 30 anos en 2017. Para facer memoria do que foi a compañía ao longo destes anos, cedímoslle a palabra a quen mellor pode facelo: o público. Persoas de varias xeracións falan da súa relación con Chévere, lembran como coñeceron o grupo, que sentiron ao ver algunhas das obras, como se cruzou o teatro coas súas vidas... En fin, pequenas historias para recordar grandes momentos.
Obras completas: Citizen I
O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.
Citizen II
O proxecto completo de Citizen componse de tres espectáculos autónomos de pequeno e mediano formato, que se foron facendo e estreando na Sala Nasa de Santiago de Compostela ao longo da tempada 2010-2011, como se se tratase dunha obra de teatro por episodios. Cada un deles foi a continuación e a consecuencia do anterior. E ao final, a suma dos tres supuxo un novo espectáculo
de case catro horas de duración.
Eroski Paraíso, a obra 1/4
Eroski Paraíso estreouse en Muros no 2016 e representouse por derradeira vez no 2019. Foi o primeiro traballo de Chévere logo de recibir el Premio Nacional de Teatro en 2014. Un espectáculo que exploraba a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro dunha pequena comunidade, a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, e que se transformou nun supermercado Eroski, un feito que, cambiando os nomes, se repite en infinidade de vilas e cidades.
Eroski Paraíso é un dos espectáculos máis exitosos e queridos de Chévere. Acadou un total de 132 funcións en 15 das 17 comunidades autónomas de España, ademais de Braga (Portugal) e París (Francia). En total, máis de 32.000 persoas pasaron polo teatro para ver o espectáculo. En 2019, a obra converteuse nun filme dirixido por Jorge Coira e Xesús Ron, grazas a unha coprodución de Chévere e Ollovivo. E o texto foi publicado en 2018 na Biblioteca de Teatro de Kalandrka Editora.
DEIXAMOS TEO DESPOIS DE SEIS ANOS DE TRABALLO COMO COMPAÑÍA RESIDENTE
Chévere Sé o primeiro en comentar
Texto