Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo
Insertar

Curva España en xira no 2020

Aquí tedes un vídeo breve da nova obra de Chévere, Curva España, para que vexas algunhas das cousas que podes atopar se ves ao teatro.

Curva España trata sobre un crime aparentemente sen resolver, unha morte violenta que provoca sospeitas e interrogantes sobre os seus autores, motivacións e consecuencias. A partir da existencia de distintas versións sobre o caso, artellamos unha peza que bebe do xénero policial, ironiza sobre o formato documental combinando teatro e cine en directo e funciona como unha alegoría da construción do estado nación español coma se fose a promesa dun tren que nunca chegou.

Podes ver as vindeiras funcións de Curva España aquí.

Vídeo feito por Miramemira.