Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Despois de tantas semanas de traballo e tan intenso, non sei se será así como quedamos, medio mortos. Pero pagou a pena. Bó traballo a todas e todos.
| Eurozone
O sábado pasado fixemos un pase con público, unha especie de pre-estrea. A obra aínda non estaba completa ao 100%, pero como xa faltaba pouco, necesitabamos constrastar co público algunhas cousas. Por un lado, probar escenas que non collen a súa dimensión real se non hai alguén do outro lado. Por outro lado, resolver dúbidas que se van acumulando en determinados momentos. E en último caso, tomarlle a medida de verdade a unha obra a través da mirada doutra xente non contaminada por dous meses de traballo tan intenso. O resultado foi moito mellor do esperado. Pensabamos que non tiñamos nin principio nin final e resultou que si, que xa estaba. Foi tan boa a resposta que acabamos pedíndolle a algunhas das persoas asistentes que nos contasen algo sobre o que acababan de ver. Isto é o que nos dixeron. Gracias pola súa xenerosidade ao ofrecer unha opinión collida ao vóo a Alberto, Cuco, Fany, Óscar e Cata.
Este venres, por fin, estreamos. Os últimos días andamos matizando escenas, facendo pases para coller o ritmo real e necesario da obra e axustando a técnica (luces, son, vídeo...). Como anticipo, deixámosvos este exercicio de apropiación da escena inicial de Reservoir Dogs usando a técnica de dobraxe, que servirá de promo da estrea.
| Eurozone
E outra máis, para que vos fagades unha idea de como é o espazo escénico.
Deixóvos unha foto da pre-estrea que tivo lugar o pasado sábado. A verdade é que todo saiu ben, e aínda temos catro días máis para definir e matizar escenas. A foto é de Natasha Lelenco.
Hoxe facemos un pase con público a xeito de pre-estrea, con todo xa montado, á espera de rematar algunha escena coa que aínda temos dúbidas e de atopar un final. Nunca sabemos rematar as obras, é como se chegasemos tan cansados ao final que non hai forzas para máis. Déixovos unha foto que sacou Cuco no ensaio de onte para ir abrindo o apetito de teatro...
| Eurozone
Hoxe tamén empezou a campaña de promoción das funcións que faremos na Ramallosa (Teo) desde o 22 de febreiro ata o 10 de marzo. Pensamos que era unha boa idea montar un luminoso en medio da estrada, aproveitando que os días aínda son curtos e que por alí a xente móvese maiormente en coche. 
| Eurozone
Retomamos os ensaios e fixemos as probas de maquillaxe para amosar as pegadas desta guerra financeira na cara dos nosos protagonistas. Tratan de convencernos de que a economía é un arma limpa que non deixa marca nas súas vítimas, pero ao mellor non é así, e a prima de risco é como unha ferida na cella, o PIB como un nariz roto, o déficit como un disparo no estómago e a política de austeridade como un xenocidio...
| Eurozone
Despois de catro días de parón pola viaxe a Madrid, hoxe retomamos os ensaios. Facía falta airearse un pouco, distanciarse do día a día dos ensaios e entrar noutra dinámica. Agora voltamos con máis forzas para o empurrón final, que será duro. Primeiro gravaremos unha promo para as funcións en Teo e logo vai tocar montaxe técnica e un pase para facer memoria de todo.
| Eurozone
A dúas semanas da estrea fixemos o primeiro pase con vestiario e técnica. É só unha aproximación ao que debera ser, pero imos bastante ben. O malo é que esta semana paramos os ensaios porque hai que viaxar a Madrid para presentar Citizen en Escena Contemporánea. Un cambio de aires que por outro lado virá moi ben para osixenar o de Eurozone.