Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Comentarios

Beber non sei se beberá, pero seguro que fumaba porros.
Outra imaxe bonita, unha proposta de bandeira para esta unión de estafadores.
Cada vez máis xente sabe onde ir buscar aos atracadores. Esta é unha foto da sede do PP en Madrid rodeada de xente berrando "ladróns".
Seguímonos achegando aos personaxes europeos desde a historia que podan estar agochando detrás da súa impávida figura. O outro día alguén contou que imaxinaba que a François Hollande súanlle as mans antes de falar en público e ten que estar todo o tempo buscando como secalas. De aí xurde un repertorio de xestos e unha actitude que serven para debuxar en escena un rápido retrato do presidente do governo francés.
Isto das ostias vai acabar dando xogo para facer algo. E se non dá, polo menos levamos neriba unhas clases de defensa persoal por se nos atopamos con algún destes mangantes que dirixen países como bancos ou bancos como países, xa non me aclaro.
Estamos tratando de establecer un diálogo coa peli de Reservoir Dogs. Iniciar unha conversa entre a pantalla e o escenario. Entre o cine e o teatro. E non sabemos moi ben como empezar a falar. Así que o intentamos desde esta práctica de dobraxe que vedes neste vídeo. Actores de teatro, persoas que viven e traballan en Galicia, poñendo a voz a actores de cine, persoas que viven e traballan en Estados Unidos. Voces que escoitamos en directo, expresións e xestos que vemos na pantalla. Secuencia moi coñecida, escena que vemos por primeira vez. Unha conversa sobre "Like a Virgin" de Madonna que se converte nunha conversa sobre a princesa Europa da mitoloxía grega, outra virxe. Para concluír, por exemplo, que governar é a arte de repartir equitativamente a dor, ou non?
| Eurozone
Un vídeo un pouco antigo (é do mes de xuño 2012), pero sempre oportuno para falar da situación de Europa, da Europa que queremos e da que non queremos: unha intervención de Slavoj Zizek nun mitin da Syriza na pasada campaña electoral grega.
| Eurozone
Eurozone vai camiño de ser un traballo moi coral e horizontal. Para iso hai que intentar trascender as xerarquías de protagonistas, principais, secundarios. Disolver o protagonismo da individualidade que se luce no protagonismo do grupo que se apoia. Romper a identificación intérprete-personaxe, xénero-personaxe, intérprete-xénero. Ampliar a relación do personaxe a todo grupo, calquera pode pasar por cada personaxe ao longo da acción. Achegarnos a un intérprete queer que puidese ter identidades e personaxes cambiantes ao longo da obra, en cada escena... En fin, para iso antes que nada hai que prepararse para estar xuntos en escena (para salvar obstáculos en grupo) e niso andamos adestrándonos. Parece doado, pero non o é.
Agora a ver se atopamos unha moqueta deste tipo para completar o kit!
Hoxe empezaron a chegar as primeiras pezas da escenografía. Esta Eurozone vai necesitar moito espazo.