Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Goldi Libre

Goldi Libre

Autorretrato dun insubmiso preso nos cárceres de Felipe González. Un proxecto de teatro documento feito a partir da memoria, a experiencia e o testemuño de César Goldi, veciño de Teo e actor que en 1993 foi condenado a 2 anos, 4 meses e 1 día de prisión por negarse a realizar tanto o servizo militar como a prestación social substitutoria, cumprindo a condena no cárcere da Coruña. É o primeiro proxecto que xorde da Berberecheira, un criadeiro teatral custodiado por Chévere co obxectivo de ampliar a documentación escénica de feitos e historias que conformaron e seguen dando forma ao mundo no que nos tocou vivir.

Material de comunicación

Aquí podes descargar:

-Cartel do espectáculo en tamaño de impresión (Pdf)

-Fotografía en calidade de impresión

Accede en liña a entrevistas e artigos sobre Goldi Libre:

“A aprendizaxe da insubmisión é que a desobediencia é un comportamento totalmente cívico”. Praza Pública.

Crítica de Camilo Franco en Diario Cultural - Radio Galega (audio)

Reportaxe en Zig Zag Diario (CRTVG)

Entrevista a Xesús Ron e Goldi en Xornal Lindeiros

Reportaxe entrevista a César Goldi en Faro de Vigo

Goldi Libre, autorretrato de un insumiso en Diario Público

Yo fui objetor de conciencia en El País (crítica)