Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
-
Eroski Paraíso despídese logo de tres anos de xira
Nestes primeiros meses de 2019 tócanos dicirlle adeus a Eroski Paraíso, a obra coa que levamos xirando dende 2016 e que se converteu nunha das pezas máis queridas polo público de Chévere.
Antes do adeus definitivo aínda nos queda unha función derradeira no Teatro Gayarre de Pamplona. Porén, a día de hoxe, podemos contarvos xa que viron o espectáculo máis de 31.000 persoas, repartidas en 128 funcións. Destas funcións, 75 foron en Galicia e 53 noutras comunidades ou países, cunha taxa de ocupación global do teatro do 75%.
Eroski Paraíso pasou por escenarios como os de Las Naves del Español-Matadero Madrid, o Teatro Central de Sevilla, o Alhambra de Granada, o Rialto de Valencia e o do Théâtre 13 / Seine de París, dentro do Festival don Quijote.
Se quededes con ganas de máis logo da despedida, recordámosvos que o texto da obra está dispoñible dentro da colección Biblioteca de Teatro da Editorial Kalandraka, e que, nos vindeiros meses, o director Jorge Coira estreará o filme realizado a partir da peza teatral.
Fai login ou rexístrate para poder comentar