Rede Nasa
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso
Eroski Paraíso é a nova produción de Chévere para 2016-17, a primeira logo de recibir o Premio Nacional de Teatro. Un traballo que explora a memoria colectiva, a deriva vital e a transformación dos afectos dentro da comunidade dunha pequena vila galega a partir de historias reais recollidas sobre a sala de festas O Paraíso, que funcionou en Muros entre 1972 e 1990, convertida agora nun supermercado Eroski.
Resultados da busca
Buscaches por VIolenciaObstetrica
Atopamos 7 posts e 0 páxina de artista.
Diario dunha serea
Falar en público dun feito traumático da túa vida non é doado. Polo menos non para min. Pero se ves que facelo pode mudar a realidade e que de pronto comezas a sentir que algo se transforma dentro de ti, entón sacas forzas para chegar ao final e poder completar esa metamorfose.
Comezamos a traballar en "Anatomía dunha serea" o tres de agosto de 2017, ese día tivemos a primeira reunión e eu sentíame feliz e chea de forza por contar a miña historia. Escribía nun diario " Daquí nun ano estarei contando no escenario o que pasou naquel paritorio". Anotei que tiña moitas dores na miña cola de serea e que me custara moito ir e vir da casa ata Compostela, pero abríase ante min un novo camiño que a día de hoxe é o que quero transitar por sempre, o da denuncia, o de utilizar a escea como medio para o cambio, esta vez sen ambaxes.
Na foto que ilustra estas letras estou expresando o que é para min a maternidade, sen querer, pois realmente estaba medindo o plano para facer un videopoema, pero ninguén o imaxinaría ao ver a unha muller cun bebé e un tendal diante. Diso se trata, de xogar e ir máis aló.
Faltan dous meses para a estrea do espectáculo, marcho agora a poñerme en salmoira.
Entrevista a Tirso Docampo, fisioterapeuta.
O barrio de Bouzas( Vigo) parecía Noruega aquela mañán. O verán ten estas cousas no sur do país, pero agradécese bastante cando tes que conducir na metrópole máis ruidosa do lado atlántico da Galiza.
Estaba contenta por reencontrarme con Tirso, el foi o primeiro que tocou a miña cicatriz(exteriormente) para sanala e tamén foi el quen me atendeu un mediodía sen cita cando me presentei morta de dor oito meses despois de ter parido.
Tirso pensa que ten que haber un cambio de paradigma no modelo de atención á muller e que todo é un proceso: a muller terá que ir perdendo o medo a falar do tema, haberá que dárlle unhas condicións onde poida expresarse(espazos apropiados) e o Sergas ten que educar ás mulleres e explicarlles que estes problemas pódense tratar.
Que fai a fisioterapia neste terreo?
Ocorre coma cun xogador de fútbol. Cando fan unha episiotomía cortan o músculo elevador do ano/músculo pubococígeo, entón ese músculo ten unha rotura de fibras polo que fará unha cicatriz e se fai unha cicatriz que non se estira adecuadamente vai quedar retráctil, con aderencias...perde tono... entón, faríamos con ela o mesmo que faríamos cun deportista cando ten unha lesión muscular.
O que pasa é que esa parte do corpo da muller é tabú, “Iso xa cura só”di a xente. Con todas as demáis lesións entendemos que se lles pode facilitar un mellor proceso de cicatrización e de curación, pero co chan pélvico hai reticencias.
É complexo por que falando con outros fisioterapeutas dinche “ yo ahí no toco” “yo no meto la mano”. E eu dígolles “Ti imaxínate que tes unha persoa que ten unha rotura de fibras no pectoral maior, ti trataríalo? -si; pois agora cambia o pectoral maior polo pubococígeo… é un músculo igual, que fai unha unha función e que ten unha fisioloxía, unha bioloxía e unha biomecánica que non funciona e ti como terapeuta tes que indicarlle ao paciente.
Aquela mañán podemos dicir que focalizamos a anatomía da serea.
Adriana Páramo Pérez únese á equipa!
Recibín un mail que non agardaba, foi unha sorpresa emocionante ver que unha rapaza que vive en Londres quería vir a seguir o noso proceso creativo de perto. Copio a continuación o seu mail pois penso que é a mellor presentación que pode ter:
Chámome Adriana Páramo e son realizadora audiovisual e cineasta, e vivo en Londres dende hai 10 anos.
Xustamente hoxe lin un artículo sobre o teu novo proxecto 'Anatomía dunha serea', e me pareceu moi interesante, sobre todo porque estou facendo un doutoramento co que quero explorar temas tabús ao redor da maternidade. Encantaríame quedar contigo e que falemos dos nosos proxectos. Cóntoche un pouco en liñas xerais de que vai o meu doutoramento.
Estou facendo un doutoramento práctico en técnicas documentais no que exploro o proceso creativo da actriz, e como estes procesos están enmarcados ou non en estruturas patriarcais. Nos últimos seis meses montei un 'experimento' no que gravei a 3 parellas de director-actriz traballando no mesmo texto e investigando sobre a súa relación creativa e sobre cuestións de xénero.
Agora estou entrando nunha segunda fase do meu doutorado, no que dentro da mesma premisa, quería ter un tema máis concreto, e por eso estou empezando a investigar historias -tabús- ao redor da maternidade (ou ausencia dela).
Supoño que todo isto pode soar confuso, por eso me encantaría poder conversar contigo e incluso propoñer se che parecería ben que seguise os teus procesos de ensaio.
Adriana empezou a gravar como escribiamos o guión e volverá en setembro para rexistrar coa súa cámara os ensaios.
Esta é a súa web: http://aparamoperez.wixsite.com/adrianaparamo
Anatomía dunha serea no Diario Público
O xornalista Henrique Mariño (@solucionsalina) entrevistounos sobre o novo proxecto de A Berberecheira, foi unha reportaxe exhaustiva feita con moita sensibilidade:
Éste es un relato en primera persona, por lo que primará la voz de su protagonista. Quizás algún lector reprobará la profusión de entrecomillados. Tal vez alguna lectora no repare en el detalle, identificada con una experiencia que suele permanecer relegada en el silencio. Iria Pinheiro nació mujer, eligió ser actriz y decidió ser madre, hasta que llegó el día del parto. Lo que sigue no fue su propósito: ella se considera víctima —una entre tantas, una entre muchas— de la violencia obstétrica. ¿Qué significa eso? Una vez que ingresas en el materno-infantil, trato inhumano y prácticas invasivas durante el parto, según las defensoras de los derechos sexuales y reproductivos, aunque el término no agota aquí sus acepciones.(...)
Podedes seguir lendo aquí:
http://www.publico.es/sociedad/violencia-obstetrica-parto-iria-pinheiro.html
Masterclass en Luna de Brigantia
Carmen Amorín e Marta Bermúdez son as matronas que compoñen Luna de Brigantia(http://lunadebrigantia.com/). Elas estiveron neste proxecto desde os comezos, xa non só aportando os seus coñecementos obstétricos para a creación da peza senón que tamén exerceron como matronas no caso concreto de Iria á hora de tratar a cicatriz da episiotomía que lle fixeron no parto.
Neste día de xullo fomos ao seu centro a recibir unha clase de preparación ao parto, a aprender os mecanismos do mesmo para entendelo mellor e poder explicalo no escenario. Falamos de ósos, músculos, hormonas naturais e sintéticas...tamén experimentamos posturas e masaxes relacionadas co nacemento. Reflexionamos sobre o que se fai e o que se debería de facer. Foi unha mañán intensa na que descubrimos moitas cousas de primeira man.
Iria Pinheiro fálanos sobre Anatomía dunha serea
Iria Pinheiro fálanos da experiencia persoal que se atopa detrás da historia que vai contar en Anatomía dunha serea. O seu é o testemuño dunha muller que non renuncia a ser muller para ser nai e que, como tantas outras, foi agredida física e psicoloxicamente durante o seu paso polo hospital. O espectáculo que resulte deste traballo estrearase en outubro de 2018.
Grupo de discusión na Ramallosa(Teo)
O tres de xullo de 2018 fixemos unha xuntanza no Auditorio Constante Liste (A Ramallosa) na que nos reunimos once mulleres de diferentes idades convocadas pola Berberecheira e polo CIM de Teo, a quen agradecemos enormemente a súa colaboración.
Neste grupo de discusión falamos das nosas experiencias no parto, a maternidade, a violencia obstétrica, etc. En dito contexto saíron temas colaterais coma a excesiva medicalización das mulleres no proceso do embarazo e parto, cuestións de xénero relacionadas coa institución sanitaria, a presión social cara ás mulleres co tema da maternidade ou como se paría antes na casa e por que as mulleres empezaron a ter as crianzas no hospital.
Falouse tamén de cómo mudar as cousas que non nos gustan en relación a estes temas e sobre todo sentímonos ben poñendo en común as nosas vivencias.
Agradecemos moitísimo a todas as mulleres que asistiron a súa confianza e xenerosidade, agora forman parte de Anatomía dunha serea.