Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Eroski Paraíso: o filme

Eroski Paraíso: o filme

Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada por Chévere que agora, tres anos despois, se convirte nunha longametraxe. Nela nárrase a rodaxe dun documental que Álex, unha cineasta nova, está filmando nun decorado onde se superpoñen a antiga discoteca Paraíso e o actual supermercado Eroski. Este é o retrato dunha xeración que o tiña todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se percorrese o corredor dun supermercado.

Sinopse

Eva (Patricia de Lorenzo) e Antonio (Miguel de Lira) coñecéronse na sala de festas Paraíso en 1989. Esa mesma noite, Eva quedou embarazada. Pasados uns meses, casaron e tiveron unha filla: Alejandra (Cris Iglesias).
Hoxe Alejandra medrou, prefire que lle chamen Álex e soña con converterse en cineasta.
Despois de acabar os seus estudos en Barcelona volve a casa para rodar un documental sobre a vida dos seus pais.
Pero agora Eva e Antonio están divorciados, levan anos sen verse e a antiga discoteca onde se coñeceron é un supermercado Eroski.