Rede Nasa
Eroski Paraíso: o filme
Eroski Paraíso: o filme
Eroski Paraíso naceu como unha obra de teatro creada por Chévere que agora, tres anos despois, se convirte nunha longametraxe. Nela nárrase a rodaxe dun documental que Álex, unha cineasta nova, está filmando nun decorado onde se superpoñen a antiga discoteca Paraíso e o actual supermercado Eroski. Este é o retrato dunha xeración que o tiña todo ao alcance da man pero que camiñou pola vida coma se percorrese o corredor dun supermercado.
-
Sete candidaturas aos Premios Mestre Mateo
A Academia Galego do Audiovisual vén de presentar as candidaturas aos Premios Mestre Mateo 2020. Eroski Paraíso é o terceiro filme que opta a máis premios, nomedamente a sete categorías.
-
Eroski Paraíso chega as salas de cine
Atento todo o mundo porque Eroski Paraíso chega ás salas de cines galegas este venres 13 de decembro. Eroski Paraíso tivo unha excelente acollida nos dous pases realizados ata o momento, no Festival de Cans e en Cineuropa.
As datas e lugares nos que se poderá ver de momento serán os seguintes:
-
Eroski Paraíso estréase en Cineuropa
Logo dunha longa espera, chegou o día da estrea de Eroski Paraíso. Foi o pasado 24 de novembro no Auditorio de Galicia de Santiago de Compostela, no marco do festival Cineuropa.
-
Eroski Paraíso, no festival de Cans
Do 22 ao 25 de maio celebrouse unha nova edición do Festival de Cans, que dende 2004 recolle boa parte da produción audiovisual galega. Nesta ocasión, Chévere ao completo acudiu ao festival para presentar a versión cinematográfica da súa obra Eroski Paraíso, un proxecto dirixido por Jorge Coira/Xron que se realizou grazas á colaboración entre dúas produtoras culturais independentes, Chévere e OlloVivo, e contou co apoio do Concello de Teo, Vegalsa-Eroski e Deleite.