Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Curva España

Curva España

Abrimos este espazo para documentar o proceso de creación de Curva España, o novo proxecto de Chévere que se estreará en xullo de 2019. Coma outras veces, partimos dunha historia moi local: a da Curva España, situada na antiga estrada da Gudiña a Verín, na provincia de Ourense. Hai décadas que por alí non pasa o tráfico, pero a xente a segue chamando así en lembranza de José Fernández España, un enxeñeiro que morreu en 1927 nese mesmo lugar ao caer o seu coche por un barranco, cando realizaba o deseño do trazado da variante sur da liña ferroviaria Puebla de Sanabria-Ourense.

Ficha artística

persoal artístico en escena

patricia de Lorenzo, miguel de lira, lucía estévez, leticia t. blanco

dramaturxia, dirección

xron

escrita

xron, manuel cortés, miguel de lira, patricia de lorenzo

espazo escénico

chévere

deseño de iluminación

fidel vázquez

espazo audiovisual

lucia estévez, leticia t. blanco, laura iturralde

espazo sonoro

xacobe martínez antelo

gráfica

óscar villán, iván suárez

vestiario

renata uzal

comunicación

xana garcía

deseño web

max gómez

produción

inés portela

produción executiva

patricia de lorenzo

distribución

carlos m. carbonell


Unha produción Chévere en coprodución con Teatros del Canal, Concello de Teo e MIT Ribadavia.

Curva España contou cunha axuda á creación escénica de Agadic - Axencia Galega das Industrias Culturais.