Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


As Fillas Bravas

As Fillas Bravas

As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.

Equipo técnico e artístico

Autor: Chévere.

En escena: Patricia de Lorenzo, Mónica García, Arantza Villar.

Dramaturxia e dirección: Xron.

Escrita: Manuel Cortés.

Adestramento musical: Inés Portela.

Caracterización: Fany Bello.

Técnica en igualdade: Raquel Piñeiro/Promove.

Comunicación: Xana García.

Produción executiva: Patricia de Lorenzo.

Unha produción Chévere, co apoio do Concello de Teo e Agadic.

Agradecementos: Carme Hermida, Mercedes Peón, farmacia Díaz Méndez, Emilio Iglesias Moda.