Rede Nasa
As Fillas Bravas
As Fillas Bravas
As fillas bravas son tres mulleres que tocan e cantan o que lles peta como antes fixeron a súa nai e a nai da súa nai, porque todas son fillas do vento, mulleres de andar a pé do toxo, orgullosas de vir de tras da silveira, cantoras dunha estirpe de voces furtivas que berran entre raposos.
-
Funcións de verán: nos Pendellos da Agolada e Valdoviño
As Fillas Bravas en todo recuncho canto hai. Unha das cousas mais gratificantes deste espectáculo é que se pode presentar en case calquera sitio. Hai escenarios ideais como os Pendellos da Agolada, dentro da feira Corazón da Artesanía ou o campeiro da Capela de San Bartolomé de Valdoviño como remate dunha andaina desde a Lagoa da Frouxeira.
Unha das cousas mais gratificantes deste espectáculo é que se pode presentar en case calquera sitio. Hai escenarios ideais como os Pendellos da Agolada, dentro da feira Corazón da Artesanía ou o campeiro da Capela de San Bartolomé de Valdoviño como remate dunha andaina desde a Lagoa da Frouxeira.
Gústalle(s) a 2 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar