Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.
Xenreira en Parrulo Ol'Estars
A formación orixinal de Xenreira (Davide Senén, Silverio Otero, Maki, Manuel Balboa, Pino Ricciardi, Marcos Payno, Sevi) na súa actuación no festival "Parrulo Ol'Estars", celebrado en Decembro de 1995 coas mellores bandas que pasaran polo Rock Parrulo, un programa de apoio e difusión de bandas de rock emerxentes que liderou a NASA durante os anos 1993, 1994 e 1995.
Gústalle(s) a 5 persoas
Fai login ou rexístrate para poder comentar