Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Rúa Aire

Unha vetusta máquina de procesado e inflado de globos... Dous operarios cuxo xefe está de baixa por depresión... Unha xénese nada máis comezar... Unha manchea de globos empeñados en vivir... Unha ducha accidentada... Unhas malvadas tixeiras de ideas fixas... O vento que chama á porta... Un vertedoiro de globos esquecidos... Un bombín con dúas patas... e un final que coincide coa conclusión da obra.

Redenasa.tv ofrécevos ao completo esta peza de El Retrete de Dorian Gray. Tamén vos amosamos entrevistas e algunha sorpresiña máis. Todo na nosa sección de obras completas.

Insertar

Rúa Aire. Capítulo 4

Cuarta parte de Rúa Aire, de El Retrete de Dorian Gray.