A comenzos dos 90, en Compostela existía unha incipiente escena hc, moi politizada e cañeira, da que formaban parte grupos como Mol, Dirty Barriguitas e os Fame Neghra. O vídeo é dunha actuación na NASA en Febreiro de 1996 nunha festa independentista.
Rock galego na Nasa
Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.