Outra das grandes habilidades de Jonh Balan eran as fonético-larínxeas, propias dun home-orquestra coma el que só usaba a voz para reproducir unha banda completa. Neste vídeo gravado na Nasa en 2002 canta un bolero de Antonio Machín.
John Balan na Nasa
No 2002 o cómico John Balan actuaba nunha antoloxía da Ultranoite que se fixo para celebrar os primeiros 10 anos de actividade da Sala Nasa. Na súa actuación fixo un repaso do que era o seu imaxinario en escena: esa peculiar maneira de presentarse, algunhas cancións, boleros, pasodobres, co único acompañamento da súa voz adpatándose a calquera son, e, por suposto, unha das súas películas máis características.
John Balan na Nasa (2002): bolero a capela e con acompañamento fonético-orquestral
Fai login ou rexístrate para poder comentar