Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Especial eleccións: a política vista dende a Ultranoite

Acaba de comezar a campaña electoral e xa estás saturada? Ou polo contrario, non perdes un debate? Sexas dun bando ou doutro, non podes perder o noso especial eleccións. Música, baile e candidatos, esta vez si, falando claro. Para esta serie recompilamos algúns dos moitos números sobre que pasaron polo noso cabaré particular, a Ultranoite, que coas súas máis de dúas décadas de historia constitúe unha crónica política paralela e alternativa realizada a pé de escenario.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

O baile do voto en branco

Iván Marcos e Borja Fernández deixáronnos este número sobre rosas, pitas e votos en branco na Ultranoite de abril de 2015.