Rede Nasa

Combina os criterios de busca para atopar ese material que estás procurando


Vídeo

Rock galego na Nasa

Polo escenario da Nasa non pasou todo o mundo, pero si boa parte dos que fuxían del. Facendo historia a través do seu arquivo podemos atopar moitos dos grupos máis influíntes do rock galego dos noventa: o hardcore, o metal, os concertos de Rock Parrulo, o Bravú, os ciclos de Redenasa.son. Recompilamos unha serie de gravacións para recordar tempos pasados, imaxinar tempos futuros e recordar a Sala Nasa e o seu labor como pantalán da cultura galega máis viva.

  • Anterior
  • Seguinte
Insertar

Do arquivo da Nasa: a Historia do Blues de Siniestro Total

Con este vídeo de Siniestro Total imos comezar o rescate dalgúns dos moitos documentos históricos que atesoura o arquivo da Sala Nasa, e que iremos publicando durante o que resta do mes de agosto. O que vos presentamos aquí é un fragmento do concerto que deu inicio á xira de Historia do Blues, un disco do ano 2000 que serviu a Siniestro Total para achegarse ao mundo do blues. Como vedes, tratábase dun concerto-espectáculo bastante teatral, que contaba a historia dun suposto bluesman chamado Jack Griffin, para o que se contou co actor Manuel Manquiña. A escenografía era de José L. Arrizabalaga e entre os colaboradores podedes ver a Rómulo Sanjurjo (acordeón ex-Diplomáticos).